Bienvenidos al marco de las Industrias Culturales y Creativas

Benvidos a ICC Week 2017

Marco das Industrias Culturais e Creativas

Que é ICC Week ?

Un lugar de encontro para creativos e máis...

 Desde 2015, ICC Week (a Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense), é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor principalmente é pór en valor sectores como o Audiovisual, (Cinema e TV), a Industria Músical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Videoxogos e sectores nos que a creatividade é un activo e núcleo principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases vertebrán un programa repleto de actividades que pon en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século XXI. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que converte a provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e a apertura de novos mercados.
Ourense ICC Week 2017 celebrarase en diferentes cidades e vilas da provincia entre os días 2 e 7 de maio.

Obxectivos

Marca Ourense
 En ICC Week estamos comprometidos co desenvolvemento da Provincia de Ourense como territorio creativo e de vangarda, e apostamos polo seu clima, a súa paisaxe, a súa gastronomía, festividades e patrimonio cultural, as súas novas infraestruturas e o carácter emprendedor das súas xentes como principais activos. Esa é a nosa misión. A partir de aí, plantexámonos os seguintes obxectivos:
  • Atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.
  • Deseñar e desenvolver programas e accións que impliquen aos cidadáns e empresas locais.
  • Transferir coñecemento a empresarios da rexión e abrir un espazo de debate ao redor de novos negocios.
  • Dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.

Para quen?

Para vós

 O foro das Industrias Culturais e Creativas de Ourense abarca moitos sectores, e vai dirixido a todos e todas os que queredes estar ao día en novas tendencias, cultura e patrimonio natural, a quen buscades novos contactos na vosa propia contorna. Este é un espazo para intercambiar impresións e experiencias, onde se valora por encima de todo á persoa, o seu talento e todo aquilo que pode achegar desde a súa singularidade. Queremos convocarvos a vós, que tedes o desexo ou a capacidade por facer cousas e cambiar o mundo, que disfrutades e facedes desfrutar aos demais co voso traballo ou, simplemente, que abrigades a inquietude de buscar, investigar e coñecer un pouco máis de preto o que se está a cociñar entre as novas tecnoloxías e as novas ideas, xusto antes de que empecen a bulir as novas oportunidades. Na era da innovación constante e o coñecemento en rede, nunca é tarde para empezar. Xa sexades dos que viven atentos ás novas correntes, os que se deixan levar pola inspiración ou aqueles que se senten movidos pola simple curiosidade: ICC Week é o voso espazo. Esperámosvos.

Queres asistir?

Organiza a túa viaxe con Viajes Piña

Viaxes Piña arranxa todo o que precisas para asistires á Semana das Industrias Culturais e Creativas

988 24 28 19 / patricia@viajespina.com

Calendario ICC Week 2017
Elsa Punset

Elsa Punset

Escritora e Divulgadora


A súa destacada presenza en medios de comunicación, talleres e conferencias consolidárona como unha das principais referencias no ámbito de fala hispana na aplicación da intelixencia emocional como ferramenta para o cambio positivo. Nada en Londres, Elsa é licenciada en Filosofía e Letras e Máster en Humanidades pola Universidade de Oxford. Ten un máster en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Madrid e un máster en Educación Secundaria pola Universidade Camilo José Cela da mesma cidade. Directora de contidos no Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional (LASE), colaborou en televisión en El Hormiguero, logo dirixiu e presentou La Mirada de Elsa, en Redes, e El Mundo en tus manos, no programa Para todos la 2, de TVE.
Escribiu a fábula El León Jardinero, a serie de contos Los atrevidos, e os libros Brújula para Navegantes Emocionales, Inocencia Radical, El Mundo en tus manos e o bestseller Una Mochila para el Universo, editado xa en catorce países. En marzo de 2016 viu a luz a súa última obra: El libro de las pequeñas revoluciones.
Manuel Baltar

Manuel Baltar

Presidente da Deputación de Ourense


Presenta o encontro Manuel Baltar Branco, Presidente da Deputación de Ourense. Graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990, é funcionario do corpo superior da administración da Xunta de Galicia e xefe do servizo xurídico da mesma institución en Ourense. Inspirado por programas de desenvolvemento de países industrializados, acuñou o termo “provincia intelixente” e aposta por políticas innovadoras que leven a Ourense a desenvolver o seu potencial, a creatividade e o uso de ferramentas e competencias TIC, sen traizoar esa esencia rural e natural que fai de Ourense, unha provincia única e singular.
Vicepresidente de Partenalia, representante dos territorios termais europeos EHTTA, participou como relator na South Summit 2015 e representou a Ourense como único territorio europeo convidado como exemplo de territorio innovador e xestión no Seminario Internacional “Governança Metropolitana” que se desenvolve na cidade brasileira de Curitiba.
Javier Rioyo

Javier Rioyo

Director do Instituto Cervantes de Lisboa


Nacido en Madrid, Javier Rioyo Jambrina é xornalista, escritor e director e guionista de cinema, radio, televisión e dramáticos. Dirixiu e presentou o programa semanal de libros Estravagario en TVE 2, co que obtivo o Premio Fomento á Lectura 2005, concedido pola Federación do Gremio de Editores de España.
Tamén foi responsable de cultura e libros no programa diario Neste Momento da cadea SER.
É colaborador habitual de El País, onde escribe como columnista, e da revista Cinemanía, da que foi subdirector.
En televisión presentou o programa El Faro da canle Documanía. Como director, dirixiu os documentais El Quijote, un viaje cinematográfico; A propósito de Buñuel; Alberti para caminantes
O seu traballo en radio e TV valeulle varios premios ondas.
Tamén foi director do Instituto Cervantes na cidade de Nova York e na actualidade é o director do Instituto Cervantes de Lisboa.

 

 

Marta Gómez

Marta Gómez

Periodista, ZIG ZAG TVG


Marta Gómez é licenciada en Xornalismo, Publicidade e Relacións Pública con másters de especialización en Documentais Cinematográficos e Redes Sociais. Traballa en medios de comunicación públicos e privados dende 1998, especializándose na última década en programas culturais. Actualmente leva a sección musical dos programas Zigzag e Eirado na TVG. Dous espazos que queren dar visibilidade a grupos galegos tanto emerxentes como consagrados, e dende onde se lle da cobertura a moitos dos eventos relacionados coa música que teñen lugar tanto en Galicia como no Norte de Portugal (WOMEX, Festival WOS, Nos Primavera Sound…).
É por isto testemuña do intenso e vital momento que está vivindo a escena musical do país, tanto a nivel creativo como pola multiplicación de colectivos e promotores que se moven dende a autoxestión ata a posta en marcha de proxectos de vocación internacional.

Miqui Puig

Miqui Puig

Músico, compositor e cantante


Miqui Puig (27 de xuño de 1968, A Ametlla, Barcelona, Cataluña), é un músico e cantante español. Formou parte durante 16 anos do grupo Los Sencillos, publicando seis discos e dando a coñecer temas como Mala Mujer ou Bonito Es. Dous anos despois de disolverse o grupo, inicia unha nova etapa, esta vez en solitario, que culmina coa gravación dun disco en directo, no que colabora a súa amiga e conselleira Alaska.
En 2007 e 2008 formou parte do xurado dos programas de televisión Factor X e Tienes Talento
Daniel Sanchís

Daniel Sanchís

Brand Activation Director en M & C Saatchi


Na industria, Daniel conta cun profundo coñecemento do sector da música en vivo e unha visión global do negocio, obtida a través da súa extensa experiencia como promotor de grandes festivais, booker internacional de artistas, produtor de xiras e concertos e experto en captación de patrocinio. Actualmente Daniel é Brand Activation Director na multinacional M&C Saatchi Sponsorship, desde onde se ocupa da concepción ad hoc, captación e xestión 360 do patrocinio de grandes contas e proxectos.
Almudena Palacios

Almudena Palacios

Coordinadora de ¡Queremos entrar!


Almudena é graduada en Comunicación, ten 23 anos e traballa en xestión e coordinación de proxectos culturais e musicais. Antes traballou en medios, marcas e ticketing, e tamén na industria da música. É co-fundadora e coordinadora de ¡Queremos Entrar!, a plataforma de acceso de menores á música en vivo. Forma parte do grupo de traballo de Madrid e coordina os seus movementos en Aragón, Galicia e País Vasco. O seu principal interese son os festivais de música, a cultura dixital e as novas audiencias.
Patricia Hermida

Patricia Hermida

Manager, Presidenta de MMF Spain


Patricia traballa desde 1995 na industria da música como manager e avogada especializada en dereitos de autor. Hai poucos anos fundou xunto con Natalia Talayero o MMF España (Music Managers Forum España), que é unha das oficinas de máis rápido crecemento en Europa. En setembro do ano 2015 foi nomeada vicepresidenta do IMMF (International Music Managers Forum) e en 2016 foi unha das fundadoras de MIM (Mujeres de la Industria Musical) que nace co obxectivo de velar polo cumprimento da igualdade efectiva de mulleres e homes no sector. Traballa con artistas como Rosa Cedrón, Susana Seivane, Cuarteto Caramuxo, Agoraphobia, The Lákazans ou Heredeiros da Crus.
Javier Olivares

Javier Olivares

Guionista de El Ministerio del Tiempo


Nado en Madrid en 1958, Javier é licenciado en Historia pola Universidade Complutense, e ten un magister do Instituto de Estética y Teoría de las Artes da Universidade Autónoma de Madrid, onde tamén obtivo un máster en Estética. Exerceu de crítico de arte na revísta Lápiz e foi redactor xefe de La Luna de Madrid. Actualmente é profesor de guión no Máster de Produción da Universidade Complutense e director da área de Cultura do IED Madrid. Foi guionista de varias series españolas como Los Hombres de PacoRobles, investigadorPelotasEl Secreto de la Porcelana e Camino de Santiago; así como director argumental das últimas tempadas de Ventdelplà. É creador de Isabel; Víctor RosKubala, Moreno i Manchón; Infidels e, co seu irmán Pablo Olivares, de El Ministerio del Tiempo. Ademais traballou como dramaturgo adaptando Pantaleón ylas visitadoras de Mario Vargas Llosa e Tristana de Benito Pérez Galdós. Tamén adaptou ao español Això a un fill non se li fa e Soterrani de Josep Maria Benet.
Alfonso López

Alfonso López

Redactor do blog recetasderechupete.com


Moderador do encontro. Alfonso López, un dos bloggers de cociña máis influíntes do momento, con seguidores en corenta e dous países distintos, é galego e está orgulloso diso: as súas orixes recoñécense na base das súas receitas, construídas ao redor da calidade dos seus ingredientes. Pero ademais, na súa cociña atópanse elementos de lugares dispares, como se corresponde ao seu emprazamento actual nunha metrópole multicultural como Madrid e á súa proxección global no ciberespazo. Nesta contorna a súa cociña volveuse máis cosmopolita, sen traizoar porén a súa personalidade, enriquecendo os pratos de sempre cun novo toque.

Mònica Escudero

Mònica Escudero

Redactora Xefe en El Comidista


A carreira de Escudero é, simple e sinxelamente, un “suma e segue” portentoso: foi redactora xefe no benquerido magazine de tendencias AB (que viña ser La Biblia de nuestra Generación Mond), tamén foi directora das revistas Madriz e Barcelonés e colaboradora de S Moda. Escribiu A Vueltas con la Tartera e, a día de hoxe, non só escribe para Icon e para a revista en liña Birchbox, senón que tamén axuda ao Comidista nas súas tolemias, é xornalista freelance -colabora con en El País Semanal– e é redactora do blogue A Vueltas con el Tupper e Dj.
Pepe Solla

Pepe Solla

Chef do restaurante Casa Solla. Empresario


No ano 1991 comezou a traballar no Restaurante Solla, de xestión familiar, compaxinando a finalización dos seus estudos académicos coa formación en hostalaría, tal e como el mesmo conta “comezando polo traballo de sala, polo cal me iniciei no mundo da cata e do sumiller”. A Estrela Michelín chegou por primeira vez no ano 1980, e desde entón non se perdeu en ningún momento, o que a converte nunha do oito máis antigas de España, e a número 1 de Galicia. Hoxe, Casa Solla ostenta as máximas cualificacións da comunidade Galega e as guías nacionais Michelín, Gourmetour e Campsa.
Julio e Daniel

Julio e Daniel

Chefs do Restaurante Nova


Explicar por separado a carreira destes dous cociñeiros ourensáns sería completamente imposible, xa que son primos e amigos desde pequenos. Xa de nenos creceron nun ambiente moi apegado aos fogóns, con grandes cociñeiros na súa familia entre os que destaca a figura de Perico Guzmán. A nivel profesional, os dous cursaron estudos no IES Vilamarín de maneira case simultánea e, desde este punto, empezaron o seu percorrido por diferentes restaurantes que foron espertando neles a paixón por esta profesión no mundo da cociña.
Javier Olleros

Javier Olleros

Chef do Restaurante Culler de Pau


Nado na belísima Lucerna en tempo de heroicos inmigrantes, Oleiros pertence a ese grupo de cociñeiros brillantes, novos e traballadores que non se queixan por nada e sempre mostran as síuas ganas de traballar e un sorriso. Empezou en terreos máis duros, como o Gran Hotel de La Toja ou El Corte Inglés, dous lugares perfectos para aprender dos escandallos. Logo pasou pola cociña de Toñi Vicente e a de Martín Berasategui.
“Traballei cos grandes”, asegura, “pero a miña verdadeira referencia é o meu pai” (hoxe propietario do hotel Spa Atlántico).
The Funkles

The Funkles

Música ao vivo


O mércores 3 de maio, ás 20h30, chegará a Ourense unha nova versión da música de The Beatles da man de The Funkles, unha banda tributo de orixe galega que reinventa en cada concerto as cancións da formación de Liverpool.

Concha Fontenla

Concha Fontenla

Produtora Audiovisual


Concha comeza a súa carreira profesional no equipo de produción da película Descongélate (2002), tras terminar os seus estudos de Comunicación audiovisual en Pontevedra e o Ciclo Superior de Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son d’A Coruña. Desde entón e ata agora, traballou en producións como La vida secreta de las palabras, de Isabel Coixet; La mala educación, Volver, Los abrazos rotos, Los amantes pasajeros ou Julieta, de Pedro Almodóvar; Guerrila, de Steven Soderbergh; Biutiful, de Alejandro González Iñárritu; Red Lights, de Rodrigo Cortés; Taken 3 con Oliver Megaton; o Tini, para Disney Europa; entre outras. Este ano encargouse da produción da serie Dalia, a modista, realizada por CTV para a TVG. Na actualidade atópase preparando a longametraxe Ons como directora de produción, á vez que exerce de docente en diferentes cursos e másteres coa mesma paixón que nos seus comezos: a propia daqueles que ven o lado máis creativo e activo da súa profesión.
Oliver Laxe

Oliver Laxe

Director de Cine


Óliver naceu en París, fillo de emigrantes galegos. Estudou cinema na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, antes de se trasladar a Londres, onde filmou a súa primeira curta Y las chimeneas decidieron Escapar. A súa primeira longametraxe Todos vós sodes capitáns estreouse no Festival de Cinema de Cannes de 2010, onde gañou o premio FIPRESCI. A súa seguinte película, Mimosas, recibiu un disparo nas montañas do Atlas proxectouse no Festival de Cannes de 2016 como parte da Semana Internacional da Crítica, onde gañou o Gran Premio Nespresso. O proxecto fora desenvolvido a través do programa de intercambio TorinoFilmLab en 2011.
Francisco Rodriguez

Francisco Rodriguez

Director do Campus de Ourense de Tecnoloxía da Universidade de Vigo


Francisco Javier Rodríguez, moderador do encontro, é o novo director da Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense. Como secretario do Clúster das TIC en Galicia, subliña o feito de que na comunidade “as empresas tecnolóxicas concéntranse no Eixo Atlántico, pero cada vez hai máis que teñen aquí a súa segunda oficina. Operan en Ourense e o seu cliente é o mundo”. Fran é seguidor das novas tendencias dixitais. Despois de 8 anos como subdirector da escola Superior de Enxeñaría Tecnolóxica, en 2016 é nomeado director.
Xosé L. Vázquez

Xosé L. Vázquez

Director de Outono Fotográfico


A comezos dos anos 70 fai exposicións de pintura e gravado no seo dos colectivos de artistas novos galegos Galrexo e Galiza: Estudo e Formas. Na mesma época realiza esculturas sonoras e máquinas de ruídos. Nos anos 1991 e 1992 realiza a serie de esculturas efémeras Cidades fortificadas, construídas en area e pensadas para ser fotografadas. No 2000 a serie “Exposicións efémeras”, instalacións de fotografías para ser fotografadas e as esculturas con material fotográfico “Espazos para soñar”. Premio ex-aequo de vídeo-arte no 2003 por A Noite e O Bunker, integradas no proxecto “Soidade e Conflito” desenvolvido en Vila Nova de Cerveira, Portugal.

Jaime García Cantero

Jaime García Cantero

Director de Contidos de El País Retina


Jaime García Cantero é analista independente, mentor en Founder Institute, profesor da EOI e conselleiro en diversas startups. Tamén foi director de Análise de IDC. Antes traballou como consultor estratéxico en Mckinsey & Co. Logo de completar a licenciatura de enxeñaría na UPM de Madrid e a KTH de Estocolmo, realizou estudos de posgrao na Universidade de Stanford. Actualmente é director de contidos en El País RETINA. Seguiu a evolución de tendencias tecnolóxicas e, coa súa programación, El País Retina converteuse nunha referencia do sector no mundo de fala hispana.

Pako Rodriguez

Pako Rodriguez

Conector en Ouishare


Pako traballa como “conector” en Ouishare e promove o consumo colaborativo, o coñecemento aberto e a creación de comunidades desde iniciativas como o Open Tour 2015 de OuiShare. Conta cun MBA e é un emprendedor especializado na economía colaborativa e as startups que fan crecer o sector. O seu foco de estudo son os sistemas de financiamento participativos como motor de crecemento e cambio dos novos modelos de empresas socialmente innovadoras. Conector de OuiShare, socio de FreeDeLibre, Blogger en consumocolaborativo.com ou startupscolaborativas.com

Javier Gutierrez

Javier Gutierrez

Director Xeral da VEGAP


O profesor Javier Gutiérrez Vicén completou a licenciatura de Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Desde o ano 2000 imparte docencia en Posgrao. Divide o seu tempo entre o mundo académico e o empresarial. Traballou máis de 25 anos no ámbito da Propiedade Intelectual, sendo o Director Xeral da VEGAP, a Entidade que xestiona en España os dereitos de autor dos artistas visuais. Conta con 14 anos de experiencia na docencia universitaria, e foi moderador de mesas redondas sobre P.I en multitude de Universidades.
Alberto García

Alberto García

Presidente da AGPXC


Modera o encontro Alberto García, técnico de cultura do concello de Boiro e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Alberto é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Ademais, é Educador Social habilitado pola Universidade de Santiago de Compostela. Tamén posúe un posgrao en Educación Social e Animación Sociocultural, así como a especialización en políticas de mocidade e marketing cultural. Compatibiliza o seu traballo no Concello de Boiro con proxectos para a Xunta de Galicia, Xacobeo, Culturgal e Gaias.
Vivir Vilamarín

Vivir Vilamarín

Iniciativa para visibilizar un rural vivo


Vilamarín é un concello rural ao noroeste da provincia de Ourense onde un grupo de xente nova comezou hai meses a deseñar unhas xornadas de actividades socioculturais que partían cun obxectivo claro: demostrar que no rural tamén pasan cousas interesantes. A iniciativa está a se plasmar este fin de semana nun completo programa que leva por título “Vivir Vilamarín”, na que se suceden, ao longo do fin de semana, actuacións de música, sesións de contacontos, faladoiros e demostracións de ferreiría e elaboración de pan nun forno comunitario.
Sende

Sende

Espazo de co-working e co-living


Sende é un espazo de coworking e coliving rural no Parque Nacional do Xurés, na provincia de Ourense. Aquí, a 35 minutos da fronteira portuguesa, ofrece unha contorna fantástica para instalar a túa oficina ou para organizar os teus eventos, ao tempo que che permite alternar a actividade profesional co sendeirismo, o running e a mountain bike. Sende abriu as súas portas en 2014, despois de seis meses de duro traballo, pensando durante o día e deseñando durante a noite. Un ano máis tarde xa recibira a máis de 500 persoas procedentes de 20 países.
María, Integradora e Educadora Social, creativa e emprendedora, é unha das co-fundadoras de Senderiz.
Fernando Dacosta

Fernando Dacosta

Director do MITEU, actor, dramaturgo


Actor. Director. Dramaturgo. Membro de Sarabela Teatro desde 1986. En 1994 comezou a dirixir a aula de Teatro Universitario de Ourense, e a partir de 1996, a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), labores ás que, en 2004, sumou a dirección da MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense). Fernando é Licenciado en Filoloxía Hispánica, e cursou estudos de doutoramento e memoria de investigación de doutoramento en Literatura española e Teoría da literatura. Atesoura tres premios MARÍA CASARES ao mellor actor protagonista e secundario de Galicia. En 1998 recibiu o premio ao mellor actor do FETEN de Xixón, e dous premios Compostela.

Espazo Matrioska

Espazo Matrioska

Colectivo de xestores e creadores culturais


Espazo Matrioska é unha asociación formada por un grupo heteroxéneo cun proxecto en común: promover a creación artística en todas as súas formas e posibilidades, vinculándoas ao medio rural e establecendo unha relación entre o campo e a cidade. Defínese como un colectivo de xestores e creadores culturais que busca reivindicar as posibilidades das contornas rurais, crear tecido cultural alternativo e promover o traballo dos artistas en espazos abertos ao debate e o intercambio. Trátase dun proxecto dinámico, en continua evolución, que ten o seu punto de partida no local Matrioska, n’Os Blancos, en pleno rural ourensán. Dende o seu nacemento ten a vocación de ser un espazo espazo cultural e creativo por e para as persoas.
Sergio Lago

Sergio Lago

Coordinador do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC


Sergio é consultor e xestor cultural, e actualmente traballa como coordinador académico do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 foi seleccionado para dirixir o Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, labor que desenvolveu ata maio de 2013, cando culminou o proceso de reformulación estratéxica do seu modelo. Posteriormente, e ata 2015, foi coordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O seu proxecto máis recente é a posta en marcha e comisariado do programa de innovación cultural Coruña Dixital.

Matilde Rodríguez

Matilde Rodríguez

Directora d'O Gato Cósmico, co-organizadora do Make Faire Galicia


Matilde é a creadora do proxecto de xestión cultural O Gato Cosmico, co que leva máis de 5 anos organizando eventos culturais e comisariando exposicións en Galicia. A ilustración contemporánea, a arte urbana, a música e a filosofía DIY definen este proxecto, nacido coa idea de dar visibilidade á creación galega e aos artistas emerxentes máis “cósmicos” do panorama actual. Matilde tamén é responsable da MIIC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporanea ou Maker Faire Santiago)
Alfonso Pato

Alfonso Pato

Director do Festival de Cans


Alfonso desenvolveu a súa carreira na televisión autonómica e na delegación galega de TVE. Director do popular programa Onda Curta da TVG, tamén foi o principal impulsor do coñecido Festival de Curtas de Cans (O Porriño). Desde 1987, veu traballando en diversos medios de comunicación, e a partir de 1995 comezou a traballar de guionista en espazos como magacínes de TVE-G.  A súa actividade profesional tamén o levou ao deseño de estruturas e contidos en programas como Que serán! (1999) e Boa tarde (2000), e a desempeñar labores de dirección no concurso musical Éxito.

Raquel Rivera

Raquel Rivera

Comisaria Artística do festival FASE


Diplomada como Profesora Superior de Violín e licenciada en Dereito e Master en Dereito da Cultura, Raquel é violinista, xestora cultural, docente e investigadora no Instituto Interunivesitario para a Cooperación Cultural (Universidade Carlos III / UNED). Tamén dirixe a aula de Gabeiras & Asociados onde é Responsable de Comunicación do Departamento de Dereito da Cultura. Realizou cursos de posgrao en violín en Madrid e Berlín, e foi bolseira de música na Real Academia de España en Roma. Desde 2010 destaca o seu labor como fundadora e comisaria artística do Festival de Arte Sonora FASE, en Berlín.

Pity Dominguez

Pity Dominguez

Director d'O'Marisquiño


Ninguén dubida xa de que O’Marisquiño, que alcanza a súa XVI edición, chegou a Vigo para quedar. A día de hoxe constitúe o 2º evento en importancia na cidade, só por detrás de Conxemar, e logrou fitos tan relevantes como albergar a Copa do Mundo de skate, incluír novas especialidades a nivel europeo e congregar a máis de 120.000 persoas e 1.300 deportistas na edición de 2016. Deporte extremo e cultura urbana invadiron Vigo por obra e graza do Arnette-O’Marisquiño. Pity Dominguez é director deste evento de referencia no deporte e mundo da cultura urbana.
Ángel Sánchez

Ángel Sánchez

Co-director de Play Doc Tui


Play Doc percorreu unha traxectoria impecable, que o converteu nunha cita imprescindible e valeulle un lugar privilexiado no panorama internacional de festivais do xénero documental. Cada ano presenta un programa valente e singular no que se combina a presenza de grandes lendas do cinema mundial cunha aposta decidida polo talento galego. En 2014 foi recoñecido entre as 10 citas cinematográficas máis excitantes do mundo polo Best Fest Film Series de Nova York. Recentemente, os directores do festival tudense, Sara García e Anxo Sánchez, lanzaron unha aposta aínda máis ambiciosa: Play-Doc TV, unha canle de cinema independiente.
Juan Manuel Montilla 'El Langui”

Juan Manuel Montilla 'El Langui”

Actor, Músico e Produtor

ICC Kids, conta cun “convidado de luxo” para os afeccionados á música de Ourense: Juan Manuel Montilla “El Langui”. Natural do barrio de Pan Bendito (Madrid), este polifacético artista logrou, na súa traxectoria profesional, vivir a música -principalmente o rap- sobre o escenario, participar en cinco películas, intervir en varios programas de radio e televisión -entre eles a serie O chiringuito de Pepe, de Telecinco- escribir dous libros e colaborar na campaña contra o acoso escolar “Buscamos valentes”, que está a levar a cabo Mediaset. No marco da sección infantil e xuvenil da Semana das Industrias Creativas e Culturais, Langui ofrecerá unha charla sobre a paciencia, a ilusión, a imaxinación e o coñecemento como claves para alcanzar os propios soños. O venres 5 de Maio estará a partir das 16.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O taller está dirixido principalmente a mozos de entre 10 e 20 anos “aínda que é apropiado para todas as persoas que poidan estar interesadas, independentemente da idade”

Micah P. Hinson

Micah P. Hinson

Músico


O venres 5, ás 21h00, Micah P. Hinson ofrecerá un concerto nos Xardíns do Padre Feijóo, en colaboración coa Shopping Night Ourense. O artista, caracterizado por unha herdanza do folk-rock clásico e o seu xeito de entender a angustia e a calma da súa xeración, deleitará ao público asistente coa música do seu útimo disco, Broken Arrows, publicado en maio do pasado ano, e fará un repaso polos seus anteriores traballos.

Bigott e Malandrómeda

Bigott e Malandrómeda

Música ao vivo


O sábado 6 en sesión vermú -de 12h30 a 15h00-, novamente os Xardíns do Padre Feijóo serán tamén testemuña das luminosas melodías e coloridos sons de guitarra de Bigott e da música dos dous novos álbums de Malandrómeda, Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba ou seu carallo.

Carlos Jean

Carlos Jean

Músico e Produtor


Carlos Jean Arriaga naceu o 15 de Xuño de 1973 en Ferrol. 20 anos no mundo da música consolidárono como un dos artistas de maior relevancia na industria musical española. Nomeado ata seis veces aos Grammy e gañador dun premio Ondas a “Mellor DJ”, a súa capacidade para entender e conxugar os diferentes mundos que conforman a industria e de permanecer sempre á última nas tendencias musicais fixeron del un dos creadores máis polifacéticos do panorama español. Músico, cantante, produtor e Dj, Carlos é, sen dúbida, unha das pezas clave do pasado, o presente e o futuro da música en España. Ademais da súa faceta artística, é coñecido no mundo do marketing pola súa experiencia e capacidade de innovación para desenvolver proxectos con marcas musicais que alcanzaron o éxito. Coa súa compañía MUWOM, creada xunto a outros tres socios, desenvolveu proxectos como El Plan B, con Ballantines; Music Experience, con Coca-Cola; a creación dun himno para a escudería Ferrari, co banco Santander; ou a Unión de música clásica y urbana coa marca de café Carte Noire, entre outros. Con todo, a súa faceta máis recoñecida pola industria é a de produtor, como responsable de premiados discos de Los Hombres G, Bebe, Enrique Bunbury, Fangoria, Tiziano Ferro ou Juan Zelada. Na actualidade a súa carreira céntrase na escena electrónica, na que destaca como un dos poucos produtores e DJ’s do panorama nacional. Carlos Jean compartiu cabina e pratos cos DJs máis destacados a nivel internacional, como David Guetta, Alesso, Nervo ou The Zombie Kids; e nas salas máis soadas, como Privilege ou Cocoloco. A súa ambivalencia permitiulle encher, ademais das discotecas de maior renome, grandes espazos en actuacións que reuniron ante o seu escenario a máis de 100.000 persoas. En 2015, xunto a Najwa Nimri, Carlos fixo realidade o seu esperado regreso aos aos escenarios, co exitoso binomio NajwaJean.
Juan Magán

Juan Magán

Músico


A clausura desta edición terá como protagonista ao artista internacional JUAN MAGAN. produtor, cantante e remixer español de música electrónica con gran  presenza internacional. Magán, que conta con millóns de descargas dixitais, varias nominacións aos Grammy Latino e colaboracións con varios dos artistas máis recoñecidos do mundo, visitará o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense ás 22h00 do sábado 6 de maio. O artista estará acompañado por artistas convidados como os DJ’s Mike Wass, The Prieto Brothers, Paolo Dumore e José Grande.

Share This