ICC Music


Nesta edición da ICC Week, asistimos ao nacemento dunha nova proposta, os “ICC Shows”, concertos en formato after work e sesión vermú para complementar as ponencias e actividades da programación, e para que sirvan como punto de encontro entre a comunidade. Acollida por este formato, o mércores 3 de maio ás 20h30 chegará a Ourense unha nova versión da música de The Beatles da man de The Funkles, unha banda tributo de orixe galega que reinventa en cada concerto as cancións da formación de Liverpool. O venres 5 ás 21h00 Micah P. Hinson ofrecerá un concerto nos Xardíns do Padre Feijóo -en colaboración coa Shopping Night Ourense-. O artista, caracterizado por unha herdanza do folk-rock clásico e o seu xeito de entender a angustia e a calma da súa xeración, deleitará ao público asistente coa música do seu útimo disco Broken Arrows -publicado en maio do pasado ano-, e fará un repaso polos seus anteriores traballos. Pero isto non é todo: o sábado 6 en sesión vermú -de 12h30 a 15h00-, novamente os Xardíns do Padre Feijóo serán tamén testemuña das luminosas melodías e coloridos sons de guitarra de Bigott e da música dos dous novos álbums de Malandrómeda, Os corenta e oito nomes do inimigo e Cada can que lamba ou seu carallo.

Depedro

Rock de autor


El Pasajero, un viaje hacia fuera y hacia dentro. “Viaxar está moi ben, pero encerra un problema: témonos que levar a nós mesmos”. Dío Alain de Botton, un filósofo suízo bastante sisudo e un pouco aburrido que non ten a sorte de coñecer a Jairo Zavala. Se o coñecese, sabería que Jairo é desas persoas que se saben levar a si mesmos e aos demais, e incluiría o disco El Pasajero no catálogo das mellores viaxes que se poden facer por pouco máis de dez euros. Este é un disco calado pero cheo de sons, un disco sinxelo pero cargado de mundos, un disco contido pero infinito, un disco onde non sobra nada, un disco máxico ás veces, diferente a case todo o que escoitamos, sonoro e literario. Iso é sorprendente: o inconformismo, a procura constante de Jairo Zavala, o seu universo, alcanzan aquí unha unidade, unha coherencia e sobre todo unha profundidade e unha beleza absolutamente emocionantes e transformadoras. Un non é o mesmo despois de mergullarse en El Pasajero.Jairo Zavala creceu en Madrid escoitando cancións anteriores á Segunda Guerra Mundial e a música que lle traía o seu pai peruano das súas viaxes por Latinoamérica e África. O seu proxecto en solitario é a culminación e continuación dunha carreira escribindo e tocando cancións para outros, incluídos Amparanoia ou Los Coronas, que lle levou tamén a traballar como guitarrista na xira de Calexico. Ademais foi líder e fundador da Vaca Azul e 3000 Hombres, ambas, bandas de renome na escena española do Rock e o Blues.

The Funkles

Creatividade, Soul & Beatles


The Funkles pon “alma negra” aos temas de The Beatles, un espírito que os levou o pasado agosto ata o famoso festival “beatleliano”de Liverpool. A banda galega, fundada polo batería Carlos Arévalo, inclúe no seu repertorio as versións en galego de dous dos temas do cuarteto de Liverpool, I feel fine e Day tripper.

Micah P. Hinson

Folk-rock de autor


Estamos ante un músico sobre o que a crítica ten escrito grandes gabanzas e que ascendeu de xeito progresivo do estatus de descoñecido absoluto ao de figura emerxente de moda, icono de culto e referente xeracional para unha ampla minoría. Coa súa mestura de folk-rock e persoalísimas composicións, o norteamericano Micah trascendeu os límites da escena alternativa para callar sen problemas no ‘mainstream’ receptivo coas anomalías. Na primavera do 2014 publicou o seu sétimo LP Micah P. Hinson & The Nothing, un disco no que, trala recompilación de rarezas de Micah P. Hinson And The Junior Arts Collective (2012), o de Memphis virou cara a sonoridades propias do porche dianteiro dunha granxa pouco transitada, con ambientacións adaptadas a unha hipotética segunda parte de O Brother, Where Art Thou?. No 2015 realizou a xira do 10º aniversario do seu álbum de debut Micah P. Hinson And The Gospel Of Progress (2004), unha obra que xa deslumbrou no seu día e que, aínda hoxe, mantén toda a súa vixencia

Bigott

Borja Laudo


Bigott é o nome elixido polo zaragozano Borja Laudo para o novo proxecto musical que emprendeu despois de Comedienne. Ademais, Borja colaborou con diferentes bandas zaragozanas: Tachenko, Big City e La Costa Brava. Para estes últimos protagonizou o videoclip da súa canción Adoro a Las Pijas de mi Ciudad. En 2005 gañou o concurso ao mellor grupo maquetero do ano segundo Mondosonoro Aragón, e o premio á mellor maqueta dos VII Premios da música aragonesa. Logo de gravar un primeiro disco, Borjj, creado só con guitarras acústicas e que non se publicou, en 2006 o selo zaragozano King Of Patio (nome tomado precisamente dunha das cancións de Bigott) sacou o seu segundo disco, titulado That sentimental sandwich. Este viu a luz ao mesmo tempo que o segundo de Big City, Call an ambulance, sendo as dúas primeiras referencias de King Of Patio. That sentimental sandwich foi producido por Séptimo Cielo e durante a gravación houbo colaboracións de músicos de diferentes bandas que achegaron trompeta, piano, slide guitar e harmónica, como Andrés Perruca (ex-El Niño Gusano, ex-Tachenko e actualmente en The Secret Society), Javi Vicente, de Big City ou Javi Íñigo do Furacán Ambulante (a banda de Bunbury).

Malandrómeda

Rock de vangarda


O seu é vangarda e poesía urbana. Sae todo do corazón. Hevi, o Mc que “é feliz sendo triste”, xa sexa en Fluzo, Malandrómeda ou Juanito Broders ou calquera dos seus múltiples proxectos, alcanza novas cimas do hip hop nacional. O seu é fusionar costumismo, rap old school, realismo de rúa e ritmos ensoñadores e narcóticos que se cravan no teu cerebro como esquirlas afiadas. É como recibir un VHS do futuro nun mundo dixital. Podemos falar de modernidade con vocación costumista, de marxinalidade poética, do humor característico do terruño, da utilización do galego como aceno de identidade… Galicia é caníbal, e agora tamén é vangarda. Na súa web pon en descarga gratuíta todas as gravacións da banda, tamén as das súas múltiples formacións paralelas e amigas. Entre 2012 e 2015 dá forma a dous LP’s que edita simultaneamente Matapadre a principios de 2016: Os Corenta e Oito Nomes do Inimigo (Matapadre, 2016) e Cada Can que Lamba ou Seu Carallo (Matapadre, 2016). O primeiro combina vangarda e costumismo, paisaxismo e paisanismo. Segundo Carlos Pereiro (Novidades Carminha) é “afogarse en Ribeiro, cagarse en Deus, chorar nos bares, pasear por Vista Alegre mentres chove e chupar unha hostia na cara”. Trátase dun traballo máis intimista e poético que o seu reverso. Cada Can que Lamba ou Seu Carallo é un disco máis intenso, luminoso, funky e mesmo bailable.

Juan Magán

Música electrónica


Juan Manuel Magán González (Badalona, 30 de setembro de 1978) é un produtor discográfico, mesturador, DJ, compositor, letrista e cantante español naturalizado dominicano. Adícase profesionalmente á música dende 1995, pero foi co nacemento do Electro Latino no 2008 cando o seu talento foi recoñecido internacionalmente.

Juan Magán traballa dentro do xénero urbano producindo, compoñendo e cantando obras que, alén do Electro Latino, aventúranse no Dance, Dancehall, Reggaeton, Pop, RnB e House, sempre mantendo a súa identidade urbana e nalgún caso americana. No 2008 formou parte dun dúo musical chamado Magán & Rodríguez, que se disolveu no 2009, momento en que Juan emprendeu a súa carreira en solitario, que o levaría á consagración definitiva. No 2016 foi nomeado aos premios Videoclip Awards polo vídeo musical do seu single Si No Te Quisiera, gravado xunto a Belinda e Lápiz Conciente, e que fora o tema más escoitado en Spotify España o ano anterior. O vídeo tamén recibiu o recoñecemento de VEVO Certified, e o Disco de Diamante polo seu volume de vendas en México, país que tamén lle valeu o Disco de Platino polo seu álbume de estudo The King is back: #LatinBIZAte, que foi nomeado aos Grammy Latino no 2015. Este traballo empaqueta unha colección de hits e colaboracións con artistas como Enrique Iglesias, Paulina Rubio, J. Balvin, Belinda, Gente de Zona, Yandel, Lápiz Conciente, DCS e Farruko, entre outros.

Por estes e outros logros -como a obtención dun Disco Multiplatino, acadar un segundo recoñecemento de VEVO certified co vídeo He llorado, e pola gran cantidade de streams das súas pezas, o artista español liderou o mundo dixital ese mesmo ano.

Hoxe, leva máis de 1,5 millóns de singles vendidos e unha colección de hits que o levaron a ser o número 1 en descargas e o ao top de emisoras e charts internacionais, rebasa a cantidade de 100 concertos a nivel mundial nos que ten reunido a preto de 1 millón de asistentes. Ten sido nomeado 4 veces ao Grammy Latino, 6 aos Latin Music Awards de Billboard e 5 aos Premios Lo Nuestro.

Share This