Que é ICC Week ?
Un lugar de encuentro para creativos y más...Obxectivos
Marca Ourense- Atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.
- Deseñar e desenvolver programas e accións que impliquen aos cidadáns e empresas locais.
- Transferir coñecemento a empresarios da rexión e abrir un espazo de debate ao redor de novos negocios.
- Dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.
Para quen?
Para vósO foro das Industrias Culturais e Creativas de Ourense abarca moitos sectores, e vai dirixido a todos e todas os que queredes estar ao día en novas tendencias, cultura e patrimonio natural, a quen buscades novos contactos na vosa propia contorna. Este é un espazo para intercambiar impresións e experiencias, onde se valora por encima de todo á persoa, o seu talento e todo aquilo que pode achegar desde a súa singularidade. Queremos convocarvos a vós, que tedes o desexo ou a capacidade por facer cousas e cambiar o mundo, que disfrutades e facedes desfrutar aos demais co voso traballo ou, simplemente, que abrigades a inquietude de buscar, investigar e coñecer un pouco máis de preto o que se está a cociñar entre as novas tecnoloxías e as novas ideas, xusto antes de que empecen a bulir as novas oportunidades. Na era da innovación constante e o coñecemento en rede, nunca é tarde para empezar. Xa sexades dos que viven atentos ás novas correntes, os que se deixan levar pola inspiración ou aqueles que se senten movidos pola simple curiosidade: ICC Week é o voso espazo. Esperámosvos.
Queres asistir?
Organiza a túa viaxe con Viajes PiñaViaxes Piña arranxa todo o que precisas para asistires á Semana das Industrias Culturais e Creativas
988 24 28 19 / patricia@viajespiña.com
Elsa Punset
Escritora e Divulgadora
Manuel Baltar
Presidente da Deputación de Ourense
Javier Rioyo
Director do Instituto Cervantes de Lisboa
Miqui Puig
Músico, compositor e cantante
Daniel Sanchís
En la industria, Daniel cuenta con un profundo conocimiento del sector de la música en vivo y una visión global del negocio, obtenida a través de su extensa experiencia como promotor de grandes festivales, booker internacional de artistas, productor de giras y conciertos y experto en captación de patrocinio. Actualmente Daniel es Brand Activation Director en la multinacional M&C Saatchi Sponsorship,des-de donde se ocupa de la conceptos ad hoc, captación y gestión 360 del patrocinio de grandes cuentas y proyectos.
Patricia Hermida
Manager, Presidenta de MMF Spain
Almudena Palacios
Coordinadora de ¡Queremos entrar!
Alfonso López
Redactor Recetasrequetechupete
Moderador del encuentro. Alfonso López, gallegoy orgulloso de ello. Por eso la base de sus recetas vienen de esta tierra maravillosa llena de platos en el que el ingrediente es el rey Espero que encontréis recetas típicas de aquí y de allí, pues el vivir en una gran ciudad llena de restaurantes de otras culturas ayuda a la hora de introducir nuevos olores y sabores en mi cocina.Quizás acabareis pensando al igual que dice Jimena:
“para ya con el curry”, pero al final sigue siendo la comida de siempre con un nuevo toque.
Pepe Solla
Chef do restaurante Casa Solla. Empresario
Mònica Escudero
Redactora Xefe en El Comidista
Javier Olleros
Chef do Restaurante Culler de Pau
Julio y Daniel
Chefs do Restaurante Nova
Concha Fontenla
Produtora Audiovisual
Oliver Laxe
Director de Cine
Francisco Rodriguez
Director do Campus de Ourense de Tecnoloxía da Universidade de Vigo
Javier Gutierrez
Director Xeral da VEGAP
Pako Rodriguez
Conector en Ouishare
Pako traballa como “conector” en Ouishare e promove o consumo colaborativo, o coñecemento aberto e a creación de comunidades desde iniciativas como o Open Tour 2015 de OuiShare. Conta cun MBA e é un emprendedor especializado na economía colaborativa e as startups que fan crecer o sector. O seu foco de estudo son os sistemas de financiamento participativos como motor de crecemento e cambio dos novos modelos de empresas socialmente innovadoras. Conector de OuiShare, socio de FreeDeLibre, Blogger en consumocolaborativo.com ou startupscolaborativas.com
Jaime García Cantero
Director de Contidos de El País Retina
Jaime García Cantero é analista independente, mentor en Founder Institute, profesor da EOI e conselleiro en diversas startups. Tamén foi director de Análise de IDC. Antes traballou como consultor estratéxico en Mckinsey & Co. Logo de completar a licenciatura de enxeñaría na UPM de Madrid e a KTH de Estocolmo, realizou estudos de posgrao na Universidade de Stanford. Actualmente é director de contidos en El País RETINA. Seguiu a evolución de tendencias tecnolóxicas e, coa súa programación, El País Retina converteuse nunha referencia do sector no mundo de fala hispana.
Xosé L. Vázquez
Director de Outono Fotográfico
A comezos dos anos 70 fai exposicións de pintura e gravado no seo dos colectivos de artistas novos galegos Galrexo e Galiza: Estudo e Formas. Na mesma época realiza esculturas sonoras e máquinas de ruídos. Nos anos 1991 e 1992 realiza a serie de esculturas efémeras Cidades fortificadas, construídas en area e pensadas para ser fotografadas. No 2000 a serie “Exposicións efémeras”, instalacións de fotografías para ser fotografadas e as esculturas con material fotográfico “Espazos para soñar”. Premio ex-aequo de vídeo-arte no 2003 por A Noite e O Bunker, integradas no proxecto “Soidade e Conflito” desenvolvido en Vila Nova de Cerveira, Portugal.
Alberto García
Presidente da AGPXC
Vivir Vilamarín
Vilamarín
Sende
Vilamarín
Fernando Dacosta
Director do MITEU, actor, dramaturgo
Actor. Director. Dramaturgo. Membro de Sarabela Teatro desde 1986. En 1994 comezou a dirixir a aula de Teatro Universitario de Ourense, e a partir de 1996, a MITEU (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense), labores ás que, en 2004, sumou a dirección da MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense). Fernando é Licenciado en Filoloxía Hispánica, e cursou estudos de doutoramento e memoria de investigación de doutoramento en Literatura española e Teoría da literatura. Atesoura tres premios MARÍA CASARES ao mellor actor protagonista e secundario de Galicia. En 1998 recibiu o premio ao mellor actor do FETEN de Xixón, e dous premios Compostela.
Espacio Matrioska
Os Blancos
Sergio Lago
Coordinador del Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural, de la USC
Sergio é consultor e xestor cultural, e actualmente traballa como coordinador académico do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela. En 2011 foi seleccionado para dirixir o Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, labor que desenvolveu ata maio de 2013, cando culminou o proceso de reformulación estratéxica do seu modelo. Posteriormente, e ata 2015, foi coordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O seu proxecto máis recente é a posta en marcha e comisariado do programa de innovación cultural Coruña Dixital.
Pity Dominguez
Director d'O'Marisquiño
Ángel Sánchez
Co-director de Play Doc Tui
Matilde Rodríguez
Directora d'O Gato Cósmico, co-organizadora do Make Faire Galicia
Raquel Rivera
Comisaria Artística do festival FASE
Diplomada como Profesora Superior de Violín e licenciada en Dereito e Master en Dereito da Cultura, Raquel é violinista, xestora cultural, docente e investigadora no Instituto Interunivesitario para a Cooperación Cultural (Universidade Carlos III / UNED). Tamén dirixe a aula de Gabeiras & Asociados onde é Responsable de Comunicación do Departamento de Dereito da Cultura. Realizou cursos de posgrao en violín en Madrid e Berlín, e foi bolseira de música na Real Academia de España en Roma. Desde 2010 destaca o seu labor como fundadora e comisaria artística do Festival de Arte Sonora FASE, en Berlín.
Alfonso Pato
Director do Festival de Cans
Alfonso desenvolveu a súa carreira na televisión autonómica e na delegación galega de TVE. Director do popular programa Onda Curta da TVG, tamén foi o principal impulsor do coñecido Festival de Curtas de Cans (O Porriño). Desde 1987, veu traballando en diversos medios de comunicación, e a partir de 1995 comezou a traballar de guionista en espazos como magacínes de TVE-G. A súa actividade profesional tamén o levou ao deseño de estruturas e contidos en programas como Que serán! (1999) e Boa tarde (2000), e a desempeñar labores de dirección no concurso musical Éxito.
Juan Manuel Montilla 'El Langui”
Actor, Músico y Productor
ICC Kids, conta cun “convidado de luxo” para os afeccionados á música de Ourense: Juan Manuel Montilla “El Langui”. Natural do barrio de Pan Bendito (Madrid), este polifacético artista logrou, na súa traxectoria profesional, vivir a música -principalmente o rap- sobre o escenario, participar en cinco películas, intervir en varios programas de radio e televisión -entre eles a serie O chiringuito de Pepe, de Telecinco- escribir dous libros e colaborar na campaña contra o acoso escolar “Buscamos valentes”, que está a levar a cabo Mediaset. No marco da sección infantil e xuvenil da Semana das Industrias Creativas e Culturais, Langui ofrecerá unha charla sobre a paciencia, a ilusión, a imaxinación e o coñecemento como claves para alcanzar os propios soños. O venres 5 de Maio estará a partir das 16.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O taller está dirixido principalmente a mozos de entre 10 e 20 anos “aínda que é apropiado para todas as persoas que poidan estar interesadas, independentemente da idade”
Javier Olivares
Guionista de El Ministerio del Tiempo
Carlos Jean
Músico e Produtor