• As candidaturas poderán ser presentadas por profesionais da xestión cultural, colectivos culturais ou institucións públicas ou privadas do ámbito cultural ata o próximo 2 de abril.
  • Os premios están convocados pola  Deputación de Ourense en colaboración colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
Ourense, 14 de febreiro de 2018. – A próxima edición da Ourense ICC Week, que se desenvolverá entre os próximos 2 e 5 de maio, acollerá a entrega do “Premio Rodolfo Prada á xestión cultural”. A convocatoria deste galardón está dirixida a persoas, proxectos ou colectivos que se signifiquen pola xestión de iniciativas de carácter cultural e que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma Galega ou fóra de Galicia, pero con claras referencias nos seus contidos e obxectivos á cultura galega. O premio contará con tres modalidades:
  1. Dirixido a profesionais da xestión cultural que desenvolveran unha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.
  2. Dirixido a persoas voluntarias ou colectivos afeccionados que desenvolveran algunha actividade concreta ou unha traxectoria profesional destacada no ámbito da xestión cultural no máis amplo dos seus aspectos.
  3. Dirixido a proxectos culturais vinculados á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e que formen parte do manual de boas prácticas levado a cabo por devandita Asociación.
Enténdese que o contexto cultural no que se convoca este premio son aquelas iniciativas que teñen cabida dentro dalgunha das modalidades que se relacionan tradicionalmente no marco xenérico da cultura e, por extensión, de actualidade e de perspectivas de futuro, no novo concepto das industrias culturais e creativas: artes escénicas, artes plásticas, audiovisual, etnografía, letras, música, patrimonio histórico e cultural, industrias culturais e creativas, proxección exterior da cultura galega…

As candidaturas poderán ser presentadas por profesionais da xestión cultural, colectivos culturais ou institucións públicas ou privadas do ámbito cultural (sen que os candidatos se poidan postular a eles mesmos) ata o próximo 2 de abril.

DESCARGA AQUÍ: Bases Premio Rodolfo Prada 2018 | Convocatoria Premio Rodolfo Prada 2018 | Formulario de solicitude

Share This