Os Xardíns do Padre Feijóo transformaránse nun escenario mol especial o domingo, día 24 de abril, a partir das 12 horas, coas actuacións de Amaro Ferreiro, Colectivo Da Silva e os ourensáns Tandub

Este concerto, totalmente gratuíto, forma parte da programación musical da oitava semana das industrias culturais e creativas, a Ourense ICCWeek, organizada pola Deputación

Tres estilos diferentes convertirán a mañá do 24 de abril nunha intensa festa creativa onde esquecer problemas e gozar dos traballos musicais que soarán e que transportarán aos presentes a países e espazos de lonxe

Ourense 22 de marzo de 2022. Amaro Ferreiro, Colectivo Da Silva e o grupo Tandub serán os responsables de que a mañá do 24 de abril teña un ritmo e un son especial: o que da escoitar música en directo e bailar de novo ao aire libre. A cita, totalmente gratuíta, será nos Xardíns do Padre Feijóo a partir das 12 horas, e enmárcase na oitava edición da Ourense ICCWeek, organizada pola Deputación entre os días 22 e 29 de abril.

Os “Personajes secundarios” de Amaro Ferreiro, en acústico, abrirán a sesión musical ás 12 horas. Neste traballo o autor e intérprete dá protagonismo a múltiples referencias musicais, cinematográficas e persoales. O mellor aperitivo para esta sesión. Ás 13 horas o turno é para os granadinos de Colectivo Da Silva que son sete, por agora. Conforman un grupo colorista dirixido por un son post-yeyé,  que se move entre os espectros do lo-fi, o doce atardecer do pop e o sombrío son da psicodelia. E o remate desta sesión de música en directo, será unha mistura entre Galicia e Marrocos, unha fusión de estilos que soan a folk e, sobre todo, a bo ambiente para unha festa especial nesta nova edición da Ourense ICC Week. Será a partir das 14 horas cos membros do grupo ourensán Tandub ao mando. Tres estilos, tres nomes e unha soa finalidade: que a música en directo quede viva e que os pés non paren.

OS MÚSICOS

Amaro FerreiroAMARO FERREIRO

O vigués Amaro Ferreiro  iniciou a súa traxectoria musical ao carón do seu irmán Iván, no grupo Los Piratas. Despois da súa disolución, os dous irmáns comezaron a facer concertos simulando ser dúas amas de casa que acompañaban ao cantante portugués Rai Doriva, que endexamais apareceu.  No 2007 publicou o seu primer álbum en solitario, “La ciudad de las agujas”. En “Personajes secundarios”, o último traballo ata agora, inclúe temas coma “Ángeles fósiles”, no que colabora con Rayden ou “Desesperadamente”,  título incluído na película “Litus”, de Dani de la Orden. O álbum está formado por dez historias con principio e final, unhas imaxes que podense ver na propia cubierta do disco.  O talento e a personalidade propia deste autor é algo xa indiscutible.

Hora: 12 horas

 

 

 

colectivo da silvaCOLECTIVO DA SILVA

O grupo nace en Granada no ano 2017 e foi o gañador, no 2018, da VII edición do concurso Emergente, organizado pola Sala Planta Baja e o Concello de Sevilla. O primeiro sencillo do grupo foi “…Y en verano”, elexido por Disco Grande de Radio 3 como cuarta mellor banda emerxente do ano 2018. Un ano despois fichan por Subterfuge e o  25 de outubre publican o seu primeiro álbum titulado “Vacaciones” e producido por Banin Fraile de Los Planetas. Levan publicados distintos singles deste traballo, ademáis dunhna versión de “Baby Come N Get It”, da artista urbana La Zowi, baixo o nome “Nena Ven A Por Eso” e un featuring co granadino Chico Blanco: “Alas Para Volar”.

Hora: 13 horas

 

 

 

TandubTANDUB

Saen de Ourense aínda que traspasan fronteiras: Tandub. O grupo fai unha fusión con sabor a folk que leva os sons da música galega e da gnawa (música tradicional perteneciente aos escravos negros de Marrocos). Letras en árabe, con toques galegos ou ingleses, e bases nacidas dunha muiñeira, dunha cantiga ou da gnawa conforman o traballo destes músicos da terra. Xa que o importante para os compoñentes de Tandub é que a xente “o pase ben, que baile e sinta a festa”. Wahid é o seu primer traballo discográfico, un EP con tres temas orixinais e unha versión dunha canción tradicional gnawa.

Hora: 14 horas