BASES:

1.- O presente concurso levarase a cabo para posibilitar a grupos emerxentes musicais da provincia de Ourense ser escoitados por un xurado de escepción e ter a oportunidade de actuar como artistas invitados da banda Love Of Lesbian durante o día 14 de Maio, dentro da programación da Semana das Industrias Culturales y Creativas “Ourense ICC Week ” .

2.- A participación no concurso está aberta a tódol@s músicos tanto de forma individual coma colectiva.

3.- O ámbito delimitase á Provincia de Ourense e abrangue a participación de formacións de calquera estilo musical.

4.- Tódolos interesados poderán:

– Enviar xunto co nome do grupo, compoñentes, teléfono de contacto,dirección de correo electrónico, DNI, catro temas musicais nun enlace cun mínimo de 2 temas e un máximo de 4 ao correo electrónicoinfo@ourenseiccweek.com e 1 video en directo da banda (no local de ensaio ou actuando nalgún local ou festival). Os temas deben ser enviados usando as plataformas de Bandcamp ou Soundcloud e os videos en Youtube ou Vimeo.

– O 80% dos temas deberán ser temas propios, tendo en conta que na actuación en directo deberán ser o 100%

– Para os efectos destas bases entenderase que os solicitantes ou membros do grupo desenvolven a súa actividade na provincia deOurense sobre a base do cumprimento dalgunha das seguintes condicións: Constar no DNI nacemento ou domicilio nun concello Ourensan.

– Presentar tarxeta de residente no territorio Ourensan manifestando por escrito estar empadroado nun concello da provincia para a súa posterior comprobación. Acreditación do centro educativo ou empresa do concello Ourensan onde estude ou traballe.

– Para máis información sobre o concurso podedes facer as consultas pertinentes a dirección de correo electrónicoinfo@ourenseiccweek.com ou consultar a web e redes sociais do evento.

– Todos os participantes nesta convocatoria autorizan á organización a reproducir o seu nome completo, temas, a súa imaxe en calquera actividade publicitaria ou promocional relacionada con este premio.

5.- Os traballos poderanse presentar a partires do 25 e Xaneiro 2016 e ata o 15 de Marzo de 2016 ás 00.00 como limite de entrega. Finalizadas as audicións dos grupos musicais ou do cantautor/solista e resolta a selección dos gañadores finalistas por parte do xurado, comunicarase públicamente aos gañadores finalistas, no prazo máximo dunha semana, sendo a data límite o 15 de Abril, a decisión do xurado sobre as concesións do premio establecido nesta convocatoria.

6.- Un xurado profesional composto por Joan Luna –redactor xefe da revista Mondosonoro, Tomás Fernando Flores – Director do programa Siglo 21 e Director de Radio 3- , Manuel Aguilar – Presidente da Fundación SGAE e músico-, Juan Rivas – Coordinador de Ourense ICC Week e músico – e Manuel Araujo Montero – Coordinador de Ourense ICC Week e Director do Festival Arteficial, encargarase de seleccionar o gañador de entre todas as propostas recibidas.

Será valorada a composición ou arranxo, a interpretación e orixinalidade das obras presentadas na maqueta.

7.- A selección das bandas premiadas comunicarase por teléfono ou vía e-mail.

8.- O gañador acturá o día 14 de Maio de 2016 como telonero de LOVE OF LESBIAN no Pazo Paco Paz de Ourense e a súa actuación non poderá execeder os 45 minutos e será dun mínimo de 30 minutos.

9.- Os grupos deberán levar os seus instrumentos e amplificadores. A organización encargarase de achegar o equipo de son adecuado ao recinto.

11.- O premio, ademáis da actuación como teloneros da banda LOVE OF LESBIAN, terá unha compensación económica de 300 euros en concepto de gastos de aloxamento e dietas da banda para o día da actuación. – O aboamento das devanditas cantidades realizarao aDeputación de Ourense, mediante transferencia bancaria á conta aberta a nome dos gañadores finalistas, unha vez subscrito o convenio correspondente con ICC Week o documento de cobramento legalmente admitido en dereito que reúna todo os requisitos esixibles pola normativa legal vixente.

– As cantidades entregadas nestas axudas de convocatoria aberta quedarán sometidas á correspondente retención en concepto do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, conforme á normativa vixente, si fóra o caso.

12.- A organización non asume ningunha responsabilidade polos estragos que poidan xurdir. Os grupos deben ser responsables do seu material e de tódolos danos que ocasionen no interior da sala ou camerinos.

13.- A participación dos grupos dentro do concurso, supón a aceptación destas bases, a decisión da banda premiada e de todas as resolucións que a organización teña que tomar por causas alleas dentro da súa competencia.

14.- Formalización da colaboración.

A ICC Week e o gañador finalista subscribirán un convenio de colaboración específico que haberá de conter, necesariamente, as bases establecidas no presente documento e a información que enumeramos a continuación, a título enunciativo:

  1. Dereitos e obrigas de cada unha das partes.
  2. Prazo de inicio e finalización das actuacións.
  3. Importe da axuda concedida.
  4. Forma de pagamento.

 

Protección de datos e confidencialidade 

Todos os datos persoais que as partes subministren na xestión do premio ICC Week teñen carácter confidencial e non poderán ser revelados a terceiros nin utilizados para fins distintos aos establecidos, salvo as excepcións establecidas pola lexislación vixente.

Unicamente os datos de contacto, que voluntariamente faciliten, incorporaranse nun ficheiro cuxo responsable é La10@planta, coordinadora de Ourense ICC Week.

O titular do Dereito Fundamental á Protección de Datos Persoais conta cos dereitos de Acceso, Rectificación, Cancelación e Oposición. Para exécrelos pode dirixirse por escrito a info@ourenseiccweek.com os organizadores de ICC Week presumen que os datos facilitados polo afectado son veraces e responden á súa situación actual. O afectado obrígase a comunicar a súa modificación dende o momento en que se produzca.

Inscríbete

8 + 8 =