Os eSports da Ourense ICC Week celebraron hoxe a súa última xornada proclamando ao piloto Nico Romero como campión do International Top Simracing (ITS ICC Ourense) no que competiu con outros sete participantes, os mais destacados do panorama nacional e internacional, entre eles o actual campión do mundo  das World Tour Series, o italiano Valerio Gallo, segundo clasificado.

A xornada tivo ademáis un marcado acento musical coa sesión vermú que protagonizaron, na carpa dos Xardíns Padre Feijoo, o compositor e cantante Amaro Ferreiro, os granadinos Colectivo da Silva e os ourensáns Tandub.

A Ourense ICC Week continúa mañá cunha xornada enteira adicada ao universo dos Beatles, con cine, exposición única e mesa redonda no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Ourense, 24 de abril de 2022. Os e-Sports da Ourense ICC Week apagaron hoxe os motores proclamando ao piloto Nico Romero como campión do Torneo invitacional Top Simracing (ITS ICC Ourense) nunhas mangas moi disputadas. O acompañaron no podio o segundo clasificado o italiano Valerio Gallo e o terceiro, o chileno Ángel Inostroza.

Esta competición foi, sen dúbida, a estrela destes días de encontro co amplo mundo dos xogos electrónicos. Os gañadores disputaron o primer premio de 1.000 euros nunha competición a catro mangas con Carlos Salazar, Fernando Perpiñán “Perpi”, Pol Urra, e o ourensán Manuel Pérez. Como mestre de cerimonias estivo presente Lucas Ordóñez, de raíces ourensáns, e piloto español de automobilismo tras ganar a primeira edición da GT Academy.

Ademais do sorteo de dúas PS5, os asistentes disfrutaron coa exposición de consolas retro da Fundación do Museo do Videoxogo de Cangas e co traballo que está levando a cabo o artista urbano Mon Devane: un mural cunha nena que leva nas mans o mítico coche creado por Estanislao Reverter, o Alpinche, imaxe desta oitava edición da Ourense ICCWeek.

Mañá musical

Os  xardíns do Padre Feijóo foron o escenario da mañá de hoxe. A sesión vermú ofreceu ao público asistente un abano de estilos musicais diferentes. Amaro Ferreiro iniciou as actuacións coa súa guitarra e interpretou temas do seu último traballo “Personajes secundarios”.  Aínda que o momento de maior complicidade cos asistentes chegou co tema “Turnado” do que é autor e a canción mais coñecida do seu irmán Iván Ferreiro.

Os granadinos de “Colectivo Da Silva que son sete, por agora”, foron os segundos. Fixeron bailar aos presentes co seu ritmo e confirmaron que “o licor café que tenéis es lo mejor”. O remate da xornada tivo coma protagonistas aos ourensáns Tandub, que á música engadiron outra arte: a pintura en directo.

 

MAÑÁ MARTES

A Ourense ICC Week terá mañá dous protagonistas: as Tecnoloxías da Información e da Comunicación e o mítico Alpinche, con denominación de orixe ourensá. A mañá comenzará coas ponencias da responsable de Relacións Institucionais TikTok España, Yasmina Laraudogoitia e coa a xornalista tecnolóxica de Innnovación, Marta del Amo. E pola tarde terá lugar a inauguración da Exposición “O Alpinche, un vehículo único e mítico e a continuación a mesa redonda “O Alpinche, exemplo da creatividade aplicada á competición” co presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter Gil, o xornalista e piloto Ricardo Muñoz, o copiloto do Alpinche José Luis Sala e o electricista e un dos creadores do Alpinche, José Luis Díaz.