NOVAS ICC Week 2022

O universo beatle “explota” na Ourense ICC Week cunha exposición de pezas únicas, un documental, música e unha charla a tres voces sobre a banda de Liverpool

O universo beatle “explota” na Ourense ICC Week cunha exposición de pezas únicas, un documental, música e unha charla a tres voces sobre a banda de Liverpool

A  Ourense ICCWeek achegará á cidade parte do universo da banda de Liverpool cunha exposición única, que reúne unha selección de obxectos especiais procedentes de distintas coleccións privadas. A inauguración será o luns, 25 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e irá precedida pola proxección do documental “ The Beatles at Shea Stadium” ás 18.30 horas.
Ás 19.30 terá lugar a inauguración da exposición, seguida dunha mesa redonda co músico compositor Nicolás Pastoriza, o xornalista musical Julio Ruiz e o comisario da mostra Chema Ríos. A xornada pecharase coa actuación de “Los Fabulosos Weekend”, ás 21.30 horas

O mundo do deseño e do patrimonio gastronómico chegan á Ourense ICC Week da man de pepe cruz e Jorge Guitián

O mundo do deseño e do patrimonio gastronómico chegan á Ourense ICC Week da man de pepe cruz e Jorge Guitián

A semana das Industrias Creativas e Culturais, Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense, achegará á cidade o complexo mundo do diseño gráfico e da xestión gastronómica. Será cos relatorios do arquitecto e deseñador Pepe Cruz, do estudo “Cruz más Cruz”, e de Jorge Guitián, historiador de arte especializado en xestión do patrimonio cultural e unha das persoas que máis entende de gastronomía.
A xornada comezará ás 11.00 horas do mércores 27 de abril coa intervención de Jorge Guitián, cos alumnos do CIFP A Farixa como público especial, e continuará coas aportacións de Pepe Cruz, ás 12.00 horas co alumnado da Escola de Arte e Diseño Antón Faílde como espectadores.
O acto será no Centro Cultural Marcos Valcárcel e estará aberto a todo o mundo que desee coñecer máis sobre os creadores de logotipos tan presentes no imaxinario colectivo coma o de Correos, Endesa ou o cartel da longametraxe “Los lunes al sol” con Pepe Cruz ou sobre a importancia da gastronomía como ben cultural con Jorge Guitián.

O mítico coche Alpinche e unha exposición sobre os Beatles marcan a ICC Week 2022

O mítico coche Alpinche e unha exposición sobre os Beatles marcan a ICC Week 2022

Ourense ICC Week 2022 celebrarase en diferentes cidades e vilas da provincia entre os días 23 e 29 de abril.

Nesta edición, a organización decidiu escoller o Icono e lenda dos rallys o Alpinche  como imaxe central deste punto de encontro das industrias culturais e creativas. Sen dúbida un vehículo mítico y único, ejemplo de la creatividad aplicada a la competición.

A Ourense ICC Week desvelará segredos dos inicios de Hombres G e da súa traxectoria de éxito nunha mesa redonda con Paco martín, Charlie Sánchez e Paco Trinidad

A Ourense ICC Week desvelará segredos dos inicios de Hombres G e da súa traxectoria de éxito nunha mesa redonda con Paco martín, Charlie Sánchez e Paco Trinidad

Os relatores, artífices directos da explosión musical da Movida, falarán de “Hombres G: do cumio da industria discográfica a icona pop” dende a súa propia experiencia co grupo. Será o sábado 23 de abril, ás 12,00 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, inaugurando a semana das Industrias Culturais e Creativas, Ourense ICCWeek, que rematará o 29 de abril.
A xornada, que comezará ás 11,30 horas no Marcos Valcárcel coa presentación do libro “Ráfagas”, do director artístico Paco Martín, continúa con “Hombres G: do cumio da industria discográfica a icona pop” e rematará á noite co concerto de Hombres G. A cita será ás 21,00 horas, no Paco Paz.
Dende os seus traballos dentro da industria discográfica, Paco Martín, Charlie Sánchez e Paco Trinidad son tres grandes protagonistas da Movida dos anos 80 e parte dos 90. Descubriron e produciron a grupos e solistas que xa son parte da historia musical do país como Hombres G, Derribo Arias, Joaquín Sabina, Antonio Vega, Antonio Flores, Luz Casal, Los Secretos, Danza Invisible ou Rosendo, entre outros moitos.

O Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week

O mítico vehículo de Estanislao Reverter será a imaxe desta edición. “O Alpinche, unha imaxe icónica da nosa historia, ten moito que ver co espírito creativo da Ourense ICC Week”, sinalou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que tamén destacou a programación musical, co grupo de David Summers coma abandeirado dun ciclo no que tamén estarán, entre outros, Amaro Ferreiro

“Esta programación converterá esta ICC Week na mellor de todas as realizadas ata agora”, avanza o presidente da Deputación, institución que organiza esta semana das industrias culturais e creativas e que se celebrará na provincia de Ourense entre o 22 e o 29 de abril