A arquitectura, a publicidade e a escritura son algunhas das disciplinas incluídas nas necesarias industrias culturais e creativas. Para entrar nestes terreos cos mellores guías, a oitava edición da Ourense ICC Week organiza o mércores, día 27 de abril, dous encontros de alcance no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O primeiro, ás 11 horas, co historiador da arte especializada na xestión de patrimonio cultural e unha das voces máis autorizadas no escenario gastronómico nacional, Jorge Guitián. A segunda cita, ás 12 horas, será co deseñador e arquitecto Pepe Cruz, do estudo Cruz más Cruz. Os relatorios contarán cun público especial: os alumnos CIFP A Farixa no primeiro caso e os da Escola de Arte e Diseño Antón Faílde no segundo. As dúas convocatorias están abertas ao público en xeral.
A Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense entre os días 22 e 24 de abril, mantén con esta cita a súa forte aposta por mostrar os diferentes ámbitos que forman a gran familia das Industrias Creativas e Culturais e ao mesmo tempo cumple co obxectivo de implicar as xeracións máis novas que formarán parte dela no futuro.
OS RELATORES
PEPE CRUZ. DESEÑADOR E ARQUITECTO
Pepe Cruz, deseñador e arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, desenrola traballos de ambas actividades no seu estudio “Cruz más Cruz” (que codirixe xunto o seu pai, o escultor e diseñador Cruz Novillo). Falará de “De Cruz Novillo a Cruz más Cruz: 65 anos deseñando España.” O seu pai foi o primeiro deseñador español en introducir o deseño corporativo de marca no país e ao seu talento creador débense logotipos que a maioría da xente retén na retina. O globo terráqueo do periódico El Mundo, o puño e a rosa do PSOE, a cor azul da Policía Nacional, e as entidades visuais de Renfe, Tesoro Público, Endesa ou Correos levan a firma de Cruz. Tamén é o artífice de carteis cinematográficos tan reconocibles como “Ana y los Cuervos” ou “Los lunes al sol”. Sen dúbida forman parte da historia do diseño corporativo de marca deste país.
JORGE GUITIÁN. HISTORIADOR DA ARTE. XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
CHARLA SOBRE TURISMO CON JORGE GUITIÁN
CANDO: Mércores 27 de abril, 11 horas
ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel
CHARLA DE PEPE CRUZ “DE CRUZ NOVILLO A CRUZ MÁS CRUZ: 65 AÑOS DESEÑANDO ESPAÑA”
CANDO: Mércores 27 de abril, 12 horas
DONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel
Comentarios recentes