Ante un salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel completamente cheo, o escritor e coronel Pedro Baños aseverou que “temos que preservar a democracia. No mundo están avanzando os autoritarismos e non debemos permitilo”.
Esta conferencia, enmarcada dentro da oitava edición da Ourense ICC Week, estivo presentada pola xornalista Raquel Domínguez. Na introdución, o coordinador destas xornadas, Juan Rivas, subliñou que “un dos obxectivos desta semana e tocar todos os ámbitos, incluída a literatura e coas mellores voces como é o caso de hoxe”.
Ourense, 27 de abril de 2022. O coronel e escritor Pedro Baños presentou esta tarde o seu libro “O poder: un estratega le a Maquiavelo”, tralo repaso pola súa traxectoria que fixo a presentadora, a xornalista Raquel Domínguez. Os ourensáns encheron o salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel para escoltar esta conferencia, enmarcada no programa de actividades que desenrola a Ourense ICCWeek. A semana, organizada pola Deputación de Ourense, continuará ata o venres.
Baños, que foi introducido polo coordinador técnico da ICC Week, Juan Rivas, desentrañou o núcleo central do seu libro. “Sobre todo reflexiona arredor de como se exerce o poder e o liderazgo, e de como nos gustaría aos cidadáns que o exerceran. O mundo agora é moi complicado e existe algo que nos debería inquietar: o auxe dos autoritarismos, contrarios á democracia. Podemos perdela polo abuso que fan unha minoría dos políticos e polo avance dos autoritarismos”.
Cunha grande capacidade comunicativa, Pedro Baños foi respondendo as preguntas plantexadas pola presentadora, Raquel Domínguez, nunha conversa fluída e de gran actualidade. “Custounos moito chegar ata aquí e non lle damos moito valor a democracia porque ou non sabemos o que custou ou porque non coñecemos outros países onde non existe. Aquí aínda podemos falar con liberdade, por exemplo, e iso non o podemos perder”, afirmou o coronel Baños.
Abordou a importancia das tecnoloxías e o relacionou co exercicio de poder. “A tecnoloxía está cada vez máis inmersa na nosa vida, pero non pode ir contra as nosas liberdades. Un dos piares básicos das democracias é a liberdade de opinión, de expresión e de reflexión. No libro falo de Maquiavelo, que ofrece leccións moi útiles e interesantes. Un rei ten que preocuparse dos seus súbditos. Aínda hai líderes que traballan por isto, e é o bo que temos que sacar do libro, non só falar do malo de Maquiavelo, que é o máis xugoso”.
Baños reflexionou sobre as debilidades das democracias actuais: “A alternancia que se instalou leva a que se ralenticen os procesos e leva a algúns políticos a pensar só en manterse no poder ou en chegar ata el e non están pendentes da saúde e o benestar da sociedade. Os autoritarismos son mais rápidos porque casi non teñen rivais no seu propio partido, e non teñen que facer oposición e céntranse mellor nas necesidades da xente”.
Para Pedro Baños, “é importante entender que os sistemas democráticos deben ser reinventados. Ao mesmo que hai líderes que teñen pobos que os seguen, as democracias tamén necesitan liderazgos que ilusionen á cidadanía. Non se trata de votalos porque sexan o menos malo. O mundo é cada vez máis competitivo e agresivo. As democracias deben estar máis unidas e ser mais sólidas para enfrontarse a esos autoritarismos”.
Tamén abordou a situación dos medios de comunicación e súa importancia para as democracias: “Os medios están en plena transformación, pero os periodistas traballan en situacións moi precarias, os corresponsais xa só son freelance que teñen que buscarse a vida. O periodismo en democracia é esencial”. Engadiu Baños que “o bo periodista debe ser o azote do líder, o que vixíe ao político, porque ese está ao servizo da sociedade. É clave o periodismo pero si está subvencionado polo poder, pouco exercicio de control vai exercer. A prensa é esencial nun sistema democrático”.
Pedro Baños incidiu en que a duda é esencial. “A avalancha da información, as veces so significa desinformación, e resulta difícil saber que é verdade e que mentira. Non é un engano burdo, senón un traballo ben camuflado”. Asegurou que “tras máis de 30 anos de análise de conflitos endexamais vin tanta manipulación como agora”. Aínda que ofreceu unha posible solución: “Temos que tentar facer nós o análises, manter o espírito crítico e non aceptar os que nos dan xa mascados”.
MAÑÁ XOVES, 28 DE ABRIL
A gastronomía será a invitada da penúltima xornada da Ourense ICCWeek. Será un encontro entre o alumnado do IES Vilamarín e o barista e bartender Willy Gómez, o representante de Nespresso España Damián Seijas, os chefs Miguel González e Daniel Guzmán, o confiteiro Martín Sousa e o hostaleiro Francisco Domínguez. Será a partir das 09.00 horas. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, intervirá na clausura da xornada gastronómica ás 14,30 horas.
Pola tarde, a partir das 20,00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, terá lugar o acto de entrega dos Premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural que presidirá o presidente da Deputación, Manuel Baltar. Os gañadores desta edición son a poeta Yolanda Castaño, o Festival de Cans e o Museo do Médico Rural de Maceda, así como a mención especial do xurado a Fundación Contemporánea. Tamén haberá dous relatorios co profesor de Economía da Universidade de Barcelona, Manel G. Piñero que falará sobre “A innovación na xestión da cultura”, e a directora da Fundación Contemporánea Mariana Pineda, quen abordará “A cultura, polos seus profesionais”.
Comentarios recentes