Que é ICC Week?
Un lugar de encontros para creativos e máis...Desde 2015, ICC Week (a Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense) é un acontecemento transversal na cultura e as industrias creativas: o labor principalmente é pór en valor sectores como o Audiovisual (Cinema e TV), a Industria Musical, Radio, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Videoxogos e sectores nos que a creatividade é un activo e núcleo principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases vertebran un programa repleto de actividades que pon en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século XXI. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que converte a provincia de Ourense no marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e a apertura de novos mercados.
Ourense ICC Week 2018 celebrarase en diferentes cidades e vilas da provincia entre os días 2 e 6 de maio.
Obxectivos
Marca OurenseEn ICC Week estamos comprometidos co desenvolvemento da Provincia de Ourense como territorio creativo e de vangarda, e apostamos polo seu clima, a súa paisaxe, a súa gastronomía, festividades e patrimonio cultural, as súas novas infraestruturas e o carácter emprendedor das súas xentes como principais activos. Esa é a nosa misión. A partir de aí, plantexámonos os seguintes obxectivos:
- Atraer expertos de diversos campos tecnolóxicos e marcas de referencia para fidelizar relacións e contactos profesionais.
- Deseñar e desenvolver programas e accións que impliquen aos cidadáns e empresas locais.
- Transferir coñecemento a empresarios da rexión e abrir un espazo de debate ao redor de novos negocios.
- Dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.
Para quen?
Para vósO foro das Industrias Culturais e Creativas de Ourense abarca moitos sectores e vai dirixido a todos e todas os que queredes estar ao día en novas tendencias, cultura e patrimonio natural, a quen buscades novos contactos na vosa propia contorna. Este é un espazo para intercambiar impresións e experiencias onde se valora por encima de todo á persoa, o seu talento e todo aquilo que pode achegar desde a súa singularidade. Queremos convocarvos a vós, que tedes o desexo ou a capacidade de facer cousas e cambiar o mundo, que desfrutades e facedes desfrutar aos demais co voso traballo ou, simplemente, que abrigades a inquietudede buscar, investigar e coñecer un pouco máis de preto o que se está a cociñar entre as novas tecnoloxías e as novas ideas, xusto antes de que empecen a bulir as novas oportunidades. Na era da innovación constante e o coñecemento en rede, nunca é tarde para empezar. Xa sexades dos que viven atentos ás novas correntes, os que se deixan levar pola inspiración ou aqueles que se senten movidos pola simple curiosidade: ICC Week é o voso espazo. Esperámosvos.
Queres asistir?
Organiza a túa viaxe con Viajes PiñaViaxes Piña pode arranxar todo o que precisas para asistires á semana das Industrias Culturais e Creativas.
988 24 28 19 / patricia@viajespina.com