Benvidos á Ourense ICC Week 2019
Semana das industrias culturais e creativasPROGRAMA
MARTES 6 DE OUTUBRO
Foto: Gregorio Puga Bailón CC BY 2.0
FINAL DO TORNEO DE FIFA 20
Desde Ourense ICC e- Sports 2020 vos traémos un novo torneo de FIFA 20 á nosa cidade. Os asistentes enfrontaranse a dobre partido tentando chegar á final para demostrar quen é o mellor xogador nesta edición. Salta ao terreo de xogo e compite contra os teus amigos e demostra quen é o mellor no deporte rei do mundo. Apúntate!.
Premios
2º clasificado tarjeta PSN 100€
3º clasificado tarjeta PSN 50€
Calendario
Martes 6 de octubre, 20.00 horas
Plataforma: PS4
Modo: Por equipos
Duración del torneo: on line
Retransmisión twitch.tv/comandogol
LOcalización
FINAL DO TORNEO DE FORTNITE
Premios
2º clasificado tarjeta PSN 100€
3º clasificado tarjeta PSN 50€
Calendario
– Martes 6 : Final Fortnite.
Horario: 20.00
Plazas: 128 máximas
Plataforma: PS4
Modo: Individual-creativo
Duración del torneo: 5 rondas eliminatorias
Retransmisión: twitch.tv/comandogol
LOcalización
MÉRCORES 7 DE OUTUBRO
Foto: GFreihalter CC BY-SA 3.0
ENCONTRO DO CONSELLO ASESOR DE CULTURA DE OURENSE
Mércores, 7 de outubro - 18:30h - Streaming desde Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín, Ourense)“Despois do COVID: O futuro do sector cultural ourensán”
O Consello Asesor da Cultura de Ourense é un instrumento recentemente creado pola Deputación provincial para desenvolver estrategias capaces de impulsar o turismo na era post-COVID. O seu obxectivo é desenvolver iniciativas que permitan deseñar unha oferta turística de calidade. Deste xeito, a Deputación de Ourense proponse seguir impulsando un modelo de éxito que situou a Ourense como a provincia de Galicia con maior crecemento turístico nos últimos anos.
ENTREGA DE PREMIOS
Mércores, 7 de outubro - 19:30h - Streaming desde Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín, Ourense)Premios á xestión cultural e ao xornalismo
PREMIOS RODOLFO PRADA AOS PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL
Un ano máis a ICC Week servirá de marco para a entrega dos premios Rodolfo Prada, co que se pretende recoñecer aos profesionais da Xestión Cultural en Galicia. Os Premios Rodolfo Prada son unha iniciativa da Deputación de Ourense coa que ademais se busca homenaxear ao insigne galeguista ourensán Rodolfo Prada, natural dos Peares, amigo de Castelao e unha das voces máis senlleiras da intelectualidade galega no exilio arxentino.
PREMIO DE XORNALISMO XOSÉ AURELIO CARRACEDO
Durante esta edición da ICC Week terá tamén lugar a entrega dos XXX Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, creado en memoria do xornalista ourensán. Este certame, convocado pola Deputación de Ourense, vai dirixido a todas as persoas adicadas ao xornalismo escrito ou audiovisual, dixital ou tradicional que se teñan publicado en medios de comunicación galegos oy estean referidos a Galicia. O xurado está presidido polo Presidente da Deputación de Ourense e os seus vogais son un representante do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, un da Federación de Asociacións de Xornalistas, outro da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e outro da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo.
FINAL SUPER COMPETICIÓN DE ESCUDERÍAS DE FÓRMULA 1
Se es fan da Fórmula 1, ven e goza do maior espectáculo en simulación cos mellores equipos deste deporte do motor virtual. Equipos de talla internacional terán a súa representación nestas apaixonantes finais presenciais. Ven e goza das 3 carreiras puntuables e anima aos teus equipos e pilotos favoritos a conseguir a coroa desta edición de SF1.
Premios
2º clasificado 400€
3º clasificado 200€
4º clasificado 150€
5º clasificado 100€
Calendario
jueves 8 de octubre
Plataforma: PS4
Modo: Por equipos
Duración del torneo:
Retransmisión twitch.tv/mundogt
LOcalización
O deseño como valor engadido
Mércores, 7 de outubro - 20:30h - Streaming desde Santo Estevo de Rivas de Sil (Nogueira de Ramuín, Ourense)Óscar Mariné. Premio Nacional de Deseño 2010
Deseñador, ilustrador, tipógrafo e artista, Óscar Marine é un comunicador sen límites, que ten realizado decenas de traballos nacionais e internacionais en campos tan diversos como deseño editorial, a imaxe corporativa, o cinema ou a industria musical. No campo da comunicación comercial, traballou en proxectos para marcas como Camper, Swatch, Loewe e Vega Sicilia, acadando coñecidos fitos do deseño “ made in Spain”. A isto súmanse os logros internacionais que van dende a campaña estadounidense do artista orixinal de Absolut Vodka, « Absolut Marine», o desenvolvemento de marca para o estudo de arquitectura de Sir Norman Foster, Foster & Partners, cunha proposta chea de resoancias da estética do swing inglés dos anos sesenta.
Na exposición El Greco 1900 (en Ciudad de México e Bruxelas), Mariné propuxo unha visión integral da museoloxía, a arquitectura, a iluminación, os gráficos e o deseño de catálogo, utilizando novos efectos de luz para a iluminación e a creación dunha rechamante instalación. No ano 2010 Mariné foi galardoado co Premio Nacional de Diseño organizado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, en recoñecemento á súa longa traxectoria.
Recoñecementos e Premios:
2018 Laus de Honor, ADG- FAD Barcelona. 2010 Premio Nacional de Diseño. 2009 Key Art Awards California, special mention in Theatrical Print – Festival Posters: San Sebastian Film Festival (Cartel Zabaltegi) 2002 Communication Arts Certificate of Excellence: Farewell Casanova 2001 The Art Directors Club 80 th Annual Award: Zinebi (42) Merit Award 2000 AIGA. American Institute of Graphic Arts Certificate of Excellence: All About My Mother 2000 AEPD Asociación Española de Profesionales del Diseño 1996 Hispanic Creative Award: Summer Issue Cover 1995 Hispanic Creative Award for Excellence: Swatch, Huelva, DRO East West/Rumor – Warner Records
XOVES 8 DE OUTUBRO
Foto: compostelavirtual.com CC BY 2.0
ICC KIDS - A evolución da música nos videoxogos
Xoves, 8 de outubro - 10:00h - Streaming desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)Erea Carbajales (Musicóloga)
O sector dos videoxogos sitúase actualmente na cúspide da industria audiovisual superando outros formatos audiovisuais como o cine e a música. Nos últimos anos experimentou un gran crecemento debido ao desenvolvemento da tecnoloxía. O impacto que supuxo a aparición do mundo dos videoxogos significou unha revolución cuxas implicacións sociais, culturais e psicolóxicas, constitúen o obxecto de estudo de toda unha nova xeración de investigadores sociais. Estes abordan o fenómeno dende unha perspectiva interdisciplinar, facendo uso de metodoloxías de investigación de áreas coma a antropoloxía cultural, a intelixencia artificial, a teoría da comunicación, a economía ou a estética; pero, o aspecto musical constitúe un terreo prácticamente inexplorado. Nesta conferencia abórdarse o estudo deste fenómeno de masas focalizando a súa análise nun dos seus piares fundamentais: a música.
EREA CARBAJALES MOLINA é Licenciada en Etnomusicoloxía e Musicoloxía Histórica polo Conservatorio Superior de Música de Vigo onde tamén estudia violín. Empezou a súa fomación aos 7 anos na Escola de Música de Sobrado do Bispo, máis tarde trasládase ao Conservatorio de Música Ourense e remata a súa formación en Vigo. Para completar a súa formación no ámbito da musicoloxía, asiste diversos simposios e cursos con ilustres musicólogos do ámbito nacional coma Xosé López Calo, Rubén López Cano, Sergio de la Ossa e outros. En 2016 intervén como poñente no I Simposio de Xoves Musicólogos do CMUS Superior de Vigo co programa “A música nos videoxogos”. Como violinista colabora con diferentes orquestras e, dende 2015 é membro da Orquestra de Vigo 430 e do
grupo de neo-folk Ad Heyra Liti.
Nesta edición de ICC Week, temos a honra de contar con ela para presentar, a través do coworking de Centro de Música Aser e Estudio Repenica, a conferencia “A Evolución da Música nos Videoxogos”.
O Mundo visto por un referente do deseño
Xoves, 8 de outubro - 12:30h - Streaming desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)O mundo visto por un referente do deseño
O mestre Mariné fai doblete nesta ICC Week para falar, nesta ocasión, do que empeza fora dos límites do papel, ese mundo cambiante e tantas veces confuso, no que o deseño e a creatividade pode ser unha ferramenta de ordenación, de reflexión e de futuro. Mariné compartirá connosco o seu ímpetu e optimismo irreductible, nacido da súa longa experiencia como artista e creativo incansable forxado nos principais centros de deseño do mundo.
Oportunidades na industria dos videoxogos
Xoves, 8 de outubro - 17:45h - Streaming desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)Sonia Herranz (Directora de Hobby Consolas)
Roberto Yeste (Business Director de Playstation Iberia)
Kiko Béjar (CEO de Benditos Videojuegos)
Kiko Béjar ten casi 30 anos de experiencia profesional nos principais sectores de ocio do noso país, nas áreas de comunicación, xestión, organización de eventos e emprendemento. Durante dúas décadas traballou na cadea de radio Los 40 Principales, onde, entre outras ocupacións, foi membro do equipo de dirección entre 1999 e 2009. Kiko é unha desas persoas que ten a sorte de adicar a súa vida profesional aos seus propios hobbies, entre os que se atopan non so a música e a comunicación, senón tamén os videoxogos. No 2006 proclamouse campión de España da FIFA Interactive World Cup, e representou ao noso país na final do mundo celebrada en Amsterdam. Dende entón, actuou como pioneiro no desenvolvemento de novos modelos de negocio dentro do sector gaming e eSports e ten presentado espazos sobre o mundo dos videoxogos en radio e televisión.
Actualmente é profesor do ESIC no programa de postgrao Gaming & eSports Business Development, onde imparte a materia de Marcas e Gaming como Canles de Comunicación.
FINAL SUPER COMPETICIÓN DE ESCUDERÍAS DE MUNDO GT
Volve a Ourense o mellor torneo simracing a nivel nacional, os mellores equipos e pilotos estarán disputándose o reinado de SCE (Super Competición de Escuderías) de MundoGT, do que só pode saír un campeón.
Desfruta de 3 apasionantes carreiras retransmitidas e casteadas en directo polos mellores profesionais e youtubers, non perdas esta oportunidade única de asistir ao mellor simracing!
Premios
2º clasificado 400€
3º clasificado 200€
4º clasificado 150€
5º clasificado 100€
Calendario
Plataforma: PS4
Modo: Por equipos
Duración del torneo: 3 carreiras puntuables
Retransmisión twitch.tv/mundogt
LOcalización
VENRES 9 DE OUTUBRO
Foto: José Losada CC BY 2.0
A figura do produtor musical
Venres, 9 de outubro - 12:30h - Streaming desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense)Alejo Stivel (Músico e produtor musical)
Foro La Región & ICC Week: Literatura
APRAZADO POR MOR DAS MEDIDAS ANTI-COVID. PENDENTE DE NOVA DATA
Santiago Auserón (Músico e musicólogo)
ICC Show - Cómicamente
APRAZADO POR MOR DAS MEDIDAS ANTI-COVID. PENDENTE DE NOVA DATA
David Amor
Ledicia Sola
Sergio Pazos
SÁBADO 10 DE OUTUBRO
Foto: Óscar (xindilo/fotosderianxo) CC BY-SA 2.0