As Tecnoloxías da Información e da Comunicación, TIC, abordaránse na oitava Semana das Industrias Creativas e Culturais, Ourense ICC Week, dende dúas das miradas máis recoñecidas neste eido. Yasmina Laraudogoitia, responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España, falará da “Inspiración creativa impulsada pola comunidade de TikTok” e a xornalista tecnolóxica Marta del Amo abordará as “Tendencias nas Tecnoloxías da Información en 2022”.

Esta xornada da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense entre os días 22 e 29 de abril, terá lugar o martes 26 de abril, a partir das 11 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O acto, aberto a todo o público que queira asistir, ofrecerá aos asistentes estes relatorios, da man de dúas mulleres expertas con anos de experiencia, cos que poderán entender máis en profundidade o amplo mundo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Ourense, 2 de abril de 2022. As Industrias creativas e culturais engloban un amplo grupo de sectores diversos. Sen dúbida, as Tecnoloxías da Información e da Comunicación son  un deles, ademáis de formar parte xa da vida cotián da maioría  das persoas. A Ourense ICCWeek mostra dende fai oito anos a súa aposta decidida por achegalas aos cidadáns a través das voces máis expertas. O martes, día 26 de abril, a partir das 11 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a cita será dobre: con Yasmina Laraudogoitia, responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España e coa xornalista tecnolóxica Marta del Amo. 

 

TikTok é a plataforma de entretemento líder dos vídeos móviles, cunha comunidade que xa supera  máis de mil millóns de persoas no mundo, e que contribuiu no desenrolo da cultura dixital a nivel mundial. As tendencias nacen en TikTok e viaxan polo mundo superando barreras xeográficas e llingüísticas a través do lenguaxe universal do vídeo. Os usuarios conectan dentro de TikTok a través de aquelo que lles apasiona: a cultura, a arte, a música, a educación ou a comida son so algunhas das temáticas máis importantes da comunidade. Yasmina Laraudogoitia, responsable de Relacións Institucionais de TikTok para España, estará en Ourense para falar da importancia da inspiración creativa que existe dentro dea comunidad de TikTok. Licenciada en Business Administration and Management pola Universidade do País Vasco, Yasmina conta cun Executive Program in Digital Marketing por The Valley Digital Business School, así como cun Programa Erasmus pola Universidade de Leuven.

Marta del Amo é periodista científica e tecnolóxica con máis de 12 anos de experiencia. Exerceu como redactora para a sección de Ciencias do Diario Público e para o Departamento de Comunicación do CSIC. Tamén foi responsable de proxectos de comunicación e contidos para outras compañías como Sacyr, Fundación Repsol e Centro de Innovación BBVA. Foi a xefa de Redacción e editorial da edición en español da “MIT Technology Review”, a revista de tecnoloxía máis antiga do mundo. Na actualidade, ademáis de colaborar con medios como “El Español” e “Muy Interesante”, tamén exerce como conferenciante, moderadora e mestra de cerimonias en eventos relacionados coa intelixencia artificial, biotecnoloxía, saúde, innovación e emprego.

O encontro, o martes, 26 de abril, a partir das 11 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

 

 

AS RELATORAS

 

YASMINA LARAUDOGOITIA . RESPONSABLE DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS DE TIKTOK PARA ESPAÑA

Yasmina LaraudogoitiaDespois dun ano traballando para Microsoft dende Bruxelas, no 2014 retorna a España para coordinar o área de asuntos públicos no mercado ibérico. Con anterioridade tamén estivo na empresa de enerxías renovables Global Energy Services  e na Sociedade Española de Participacións Industriais (SEPI). Dende o ano 2021, Yasmina é responsable de Asuntos Públicos de TikTok. Falará sobre a inspiración creativa que existe dentro da comunidade de TikTok”.

CHARLA DE YASMINA LARAUDOGOITIA, “INSPIRACIÓN CREATIVA NA COMUNIDAD DE TIKTOK”

CANDO:  Martes, 26 de abril, 11,00 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

 

MARTA DEL AMO. XORNALISTA TECNOLÓXICA

Marta del AmoLicenciada en Ciencias Ambientais pola Universidade Autónoma de Madrid e máster en Periodismo Científico pola Universidade Carlos III de Madrid, no 2010 gañou o Certamen de Xoven Periodismo Ambiental da Axencia EFE e Tetrapak. Coordinou a xeración de contido para clientes baixo a marca MIT Technology Review en castelán, especializados tanto en ciencia e tecnoloxía como en innovación, emprendemento e últimas tendencias. Publica unha columna semanal no diario “El Español”, “Aviso para Navegantes” e realiza reportaxes en profundidade para a revista “Muy Interesante” sobre ciencia e tecnoloxía. Entre as súas colaboracións en distintos eventos, están algúns relacionados con institucións como o Ministerio de Ciencia, Red Eléctrica España, Endesa, Instituto de Enxeñería do Coñecemento, Fundación IDIS, Philips e Business France, entre outros. Abordará “Tendencias nas Tecnoloxias da Informacion en 2022”.

CHARLA DE MARTA DEL AMO. “TENDENCIAS NAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN 2022”

CANDO:  Martes, 26 de abril, 11,00 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel